Para rematar esta semana especial das Letras Galegas, concluimos cunha serie de recomendacións levadas a cabo pola nosa libreira Tabita Beizana Vigo, que adicous uns minutos para falar das novidades literarias para os meniños da casa.

Cabe dicir que María Victoria Moreno, autora homenaxeada este ano, foi pioneira na Literatura Infantil e Xuvenil en galego.


32169287_10156364824323832_2515201872957014016_o.jpg

PIONEIRAS. Galegas que abriron camino

Editorial: Xerais
Autora: Anair Rodríguez
Ilustracións: Nuria Díaz
Idade recomendada: A partir de 7 anos

“Pioneiras” conta con doce biografías de mulleres galegas que foron as primeiras  en alcanzar diferentes logros. Nel podemos coñecer a Exeria, a primeira escritora da Hispania romana, viaxeira insaciable, pódese dicir que foi a primera en escribir un libro de viaxes; Isabel Barreto, pontevedresa nada no 1567 participou na expedición do Pacífico a pesares de ser cuestionada pola participación dunha muller na mesma; Isabel Zenda, procedente de Ordes, foi a única muller encomendada para vacinar da varíola a poboación española nas colonias de América; Sofía Casanova, coruñesa nada en 1861, foi unha das muller máis destacadas en tratar a prensa relativa aos conflitos armados; Marcela e Elisa, dúas mestras namoradas que para poder casaren, unha delas tivose que facer pasar por un home; Irene González, primeira futbolista nun equipo masculino; Áurea Rodríguez, natural de Ourense, pasou a ser unha gaiteira líder dun grupo musical; Mª Luz Moralez, tamén coruñesa, loitou por poder lograr o seu soño de ser reporteira; Olimpia Valencia, logrou estudar na facultade de medicina nunha época na que as mulleres tiñado moi complicado; Celia Rivas, logrou dedicarse a conducir camións, un mundo predominantemente dominado por homes; Por último, concluímos con Ángeles Alvariño, ferrolana, foi a primeira científica nun buque de investigación internacional.

Amelia quere un can

Editorial: Kalandraka
Autor: Tim Bowley
Ilustracións: André Neves
Idade recomendada: A partir de 3 anos.

Un conto que representa o poder da imaxinación infantil. Amelia é unha nena cuxo maior desexo é ter un cadeliño, será capaz de convencer ao seu pai? Dende logo constancia non lle falta.

32152738_10156364824563832_4590485840810999808_o.jpg

Toc toc

Editorial: Galaxia
Autora: Pablo Díaz
Ilustracións: Nuria Díaz
Idade recomendada: Tódalas idades

A música para nenos nunca estivo máis en boga. E este libro é unha gran mostra disto. Pabli díaz permitiranos entrar nun mundo de felicidade a través deste libro-disco, só temos que petar “toc, toc” e abrirásenos a porta a el.

 

 


32186567_10156364824498832_2645022460684009472_o

 

A montaña de libros máis alta do mundo

Editorial: Algar
Autora: Rocío Bonilla
Ilustracións: Rocío Bonilla
Idade recomendada: A partir de 5 anos

Os contos e a imaxinación sempre estiveron vencellados, pero os nenos máis pequenos teñen que descubrilo por si mesmos. Lucas quere voar e os nenos non voan, ou si? E logo, como poderá baixar dunha montaña de libros tan alta como esa?


 

32170141_10156364824338832_2284983654432112640_o.jpg

¿E haberá tirón de Orellas?
Editorial: Galaxia
Autora: María Victoria Moreno
Ilustracións: Carme Peris
Idade Recomendada: A partir de 5 anos

Fermoso conto en verso da autora á que se lle adica o día das Letras Galegas. A protagonista é unha cadela chamada Alma que escapa de casa, pasa un día fora no que se van describindo os diferente momentos do día e as aventuras que vive. A pesares de gozar da liberdade bota de menos a súa familia… ¿Voltará a casa?


32190964_10156364824353832_5686313365899575296_o.jpg

Feliz Feroz. O lobiño riquiño
Editorial: Xerais
Autor: El Hematocrítico
Ilustracións: Alberto Vázquez
Idade recomendada: A partir de 6 anos

Moito humor nesta noveliña para primeiros lectores. A irmá de Lobo Feroz está preocupadísima porque o seu fillo é de todo menos feroz:

“-Resulta que o teu sobriño é boísimo.
– Como…? Como que é boísimo?
-Estuda moito e fai todos os deberes, pasa o día a ler, ten o seu cuarto ordenadísimo, e o outro día […] Axudou a unha señora a cruzar a rúa!
-Pero que dis?
-Como cho conto! BUAHHH non sei que facer con él”

Para solucionar o problema lo lobiño que non tiña nada de feroz, decinden que pase o verán co seu tío. A pesares de que este pretende ensinarlle que os lobos non se dan bicos, e atomerizan as nenas que levan a merenda á súa avoa ou aúllan na noite para asustar aos veciños…  O Lobo Feroz remata aprendendo o a parte boa da dulzura e o agarimo.
Unha fermosa lección para ensinarlle aos nenos que non se deixen levar polos estereotipos.

Muriel
Editorial: Xerais. Colección Merlín
Autora: María Canosa
Ilustracións: Lucía Cobo
Idade recomendada: A partir de 9 anos

Muriel gañou o Premio Merlín 2017, premio máis que merecido. Na novela narran a historia de Muriel, un neno que tras a perda da súa ávoa sufre o dolo, Moi ben descrito pola autora… o rapaz alimentase dos recordos dos agarimos, das longas charlas, das apertas e do apoio.
Sen embargo, tras pasar a dor acaba volvendo a ver a luz ao coñecer ao raposo Fígaro, xunto ao que logra disfrutar do poder máxico da amizade.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

w

Conectando a %s