·Título: Xarfas
·Autor: Alex Pernas
·Xénero: novela negra
·Fecha de publicación: abril de 2018
·Editorial: autopublicada
·Número de páginas: 210


Agora parecíalle mentira que coa súa idade esa fose a primeira vez que acudía a unha manifestación.


Alex Pernas é un mozo escritor da Coruña (1986), onde traballa como enxeñeiro de software, tras cursar os estudos de Enxeñaría Técnica en Informática de Sistemas e Grao en Enxeñaría Informática, con Mención en Enxeñaría do Software, na Universidade da Coruña. Ainda que Xarfas é a sua opera prima no mundo literario, pode presumir dunha carreira no ámbito musical.

Foi membro de diversas formacións, sendo as principais delas TST (heavy metal), coa que publicou no ano 2008 unha maqueta de sete temas, do mesmo nome que a banda; Ad Intra (doom/death metal), coa que publicou o sinxelo We Aren’t Ready to Take O no ano 2011 e o disco de longa duración Inside Us All no ano 2013; Os Relámpagos de Nós (rock), e Oymyakon (groove/death metal), coa que comezará a percorrer os escenarios neste ano 2018.


Nun mundo asolagado pola represión, a corrupción e a miseria, dispútase unha loita entre os poderosos que defenden o sistema establecido e os que o padecen, algúns limitándose a subsistir, e outros comezando a espertar ante as inxustizas que poden apreciar ao seu redor. Xarfas é a primeira novela de Alex Pernas (A Coruña, 1986), na que se retratan cruamente as vivencias daqueles que foron golpeados polos xiros dun destino caprichoso e dos causantes da súa fortuna.


E aquí sigo co meu obxectivo persoal de reseñar de cando en cando novelas na miña lingua nai. Xa ocorreu fai unhas poucas semanas con Senlleiras, por iso me fixo especial ilusión cando un autor autopublicado nos escribiu para presentar a súa novela publicada en galego e en castelán. Toda unha luxosa rareza.

Xarfas, cunha portada nun cor negro predominante e uns nós brancos no centro da imaxe, é una novela de denuncia social, cun importante mensaxe activista e de protesta. O ton empregado por Alex Pernas non é amable en ningún caso, senón mais ben que causa rabia, dor e certas inquietudes insalvables.

A historia arranca nunha terceira persoa que relata os feitos desde fora. Atopei pouco sentimento nos primeiros momentos, quedándome distante e fría das páxinas que ía lendo. E, a pesar que do se me ía contando era dunha dureza e inxustiza abafadora, non era quen de conectar ao completo con eses personaxes. Foi un dos primeiros tropezos con esta obra, a que podo definir como un conxunto de relatos entrelazados entre si.

51YIRMu1KjL.jpg

Aínda que non se menciona de maneira especifica, a acción desenrolase na cidade galega (que, de calquera xeito, dada a actualidade do narrado, podería darse lugar en calquera punto da xeografía do noso país). Botei en falta a mención a elementos máis concretos porque, coido, outórganlle realismo a historia e creo que gañaría moito máis en calidade.


Pero xa nada era igual. Fóralle arrebatado o que máis quería, e se era posible que algo
cambiase estando el alí, alí estaría.


A historia arranca da man de Néveda. A muller está co seu home e os seus fillos facendo os preparativos para pasar o día ao aire libre. Montan un almorzo nunha zona verde preto do río (as Fraguas o Eume?) cando un dos meniños cae e leva un golpe na fronte. Como o rapaz non recupera o coñecemento, os pais lévano de inmediato ao hospital.

Alí ocorre un punto de inflexión na vida de Néveda. Deixa ao seu fillo ao cargo do persoal médico mentras ela agarda na sala de espera a que seu home volva de aparcar o coche. Entón empezan a chegar os membros feridos do que pareceu ser unha manifestación violenta. Nuns intres caóticos, a policía irrompe no lugar para deter aos que denomina terroristas. Por unha confusión, Néveda e arrestada co resto de manifestantes.


Despois de dez minutos todo quedou en calma, xa non había ningún policía, o único que deixaron tras deles foi un regueiro de sangue pintado no chan e unhas poucas persoas que agora estaban máis feridas do que o estaban cando chegaron ao hospital. Foi entón cando, despois de por fin conseguir aparcar, entrou de novo en urxencias da man da súa filla máis nova, buscando á muller que xa non se atopaba
alí.


Esta so será unha das primeiras historias (pero é a principal) que empregará Alex Pernas para mostrar o abuso de poder e a corrupción. Non sei de primeira man cal é a posibilidade de que algo así aconteza e cales son os límites, pero nalgúns momentos non puiden evitar sentir que faltaba veracidade na novela, para acadar a potencia necesaria para emprender a crítica social.

En canto ao estilo do autor, é limpo e correcto. Coñece a súa lingua e utilízaa ben, pero espero que nos seus próximos traballos (que estou segura de que os haberá e espero que os poida desfrutar tamén) saía de esa zona de comodidade narrativa e mostre algo máis diferente e arriscado. Algo que sexa capaz de remover mais, aínda que teña que perder un pouco ese control exhaustivo das letras.

En conclusión, unha digna opera prima cos seus erros e acertos. Desfrutei dela pero sentín que podía dar máis de si. O que está claro e que ese novo escritor ten talento e gañas de contar historias.


Fóra esperábaa un camión militar. Subírona á parte de atrás e suxeitaron a súa cadea cuns ferros que sobresaían do chan. Os homes entraron na cabina e arrincaron. O ruído do motor fixo que comezase a chorar desconsoladamente.
Por fin libre!


Valoración: Aceptable
Adquiere esta novela aquí.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s