·Título: Bonus track
·Autora: Rosalía Fernández Rial
·Imaxe de portada: Hayat Husein
·Xénero: relato curto
·Editorial: Galaxia
·Data da súa publicación: 2018
·Número de páxinas: 162


Vinilo sobre o prato, agulla punzante, afiada. 3, 2, 1. Play.


Creo que foi nun xornal da Costa da Morte onde descubrín a poeta, performer e filóloga galega Rosalía Fernández Rial (1988) que estaba a presentar o seu primeiro libro de relatos individual. Trátase da obra que hoxe vos traio a esta web. Pero antes deste volume, ten escrito poesía e ensaio. Na actualidade imparte clase de lingua e literatura, forma parte da directiva da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) e do Consello de Redacción da Revista Galega de Educación. Podedes coñecer máis a escritora e a súa obra na web.

Tardei un tempo en decidirme a mercar o libro. De feito non o fixen ata que o vin nunha libraría a que adoito acudir. Aínda que o tema da música e o relato é algo que me atrae dende sempre, foi ter nas mans a fermosa imaxe de portada o que rematou de convencerme. Recórdame a aqueles discos da miña infancia e adolescencia tan prezados e difíciles de conseguir nos que, se agardabas a que terminase de soar, había de premio o bonus track. Seguramente se sodes afeccionados o Rock recoñezades a fotografía dunha moi nova Patti Smith(1946) do colaxe da portada.


515PyjfpW8L.jpg


Xa na primeira páxina do libro temos unha coñecida cita de Bob Dylan (1941). Sen máis preámbulo, introdúcemos nos relatos, en cada un dos cales hai cancións, artistas, melodías, etc. Vainos citando algúns versos dalgunhas coñecidas cancións de forma moi natural, mesturadas coa trama dos diferentes contos. Todos son breves, de apenas unhas páxinas de lonxitude. Todos parecen ter un punto de fantasía mesturada con humor e certo toque negro, como comentarei máis adiante. En todos o azar e os sentimentos campan creando desastres ou marabillas.

Con Patti smith e o seu tema Horses(1975) comeza o primeiro dos 22 relatos que compoñen este libro, aínda que tampouco faltan referencias a un dos maiores éxitos da poeta e cantante estadounidense: Because the night(1978), que escribiu con Bruce Springsteen (1949). Este primeiro relato comeza con forza e certo aire de novela negra que se sobrepón o longo de todo o volume. Se ben este primeiro texto é una historia de amor pola música, noutros relatos trátanse abertamente temas como o acoso escolar, os malos tratos, os abusos e mesmo o asasinato.


Berrei coma quen chama pola morte, segura de que virían por min.


Entre eles non sabería destacar un. Todos son notables por un motivo ou outro, aínda que tal vez o meu preferido sexa precisamente o que alude a unha canción que non coñecía. Tratase do relato titulado Astronautas. A canción de título Pa amb oli i sal (2012), o que vai irremediablemente unido, é do grupo catalán Blaumut, aínda que tamén atopamos referencias a Radiohead, Marful (un grupo musical galego) ou David Bowie(1947-2016).


Era un xeito ordenado de andar sen rumbo. Algo que definía moi ben a súa personalidade.


Os temas sociais son tratados con certa crueza moi realista en todo o libro. A violencia machista é a protagonista de A máis linda, relato que conta cuns fermosos fragmentos dunha canción de Mercedes Peón. As drogas que están presentes de maneira velada nun par de relatos, o máis salientable deles é Como falar?, coa coñecida canción do grupo zaragozano Amaral. Amalia spray ou Lili Marleen trata dunha «graffiteira» cunha axitada vida sexual que plasma as súas inquedanzas nas paredes.


Xa se sabe, ás veces a palabra é máis poderosa ca a realidade designada.


Do estilo da autora subliñar que é moi poético e coidado, transmite e fai sentir, mais o que sentimos non é sempre agradable senón que en moitas ocasións nos leva os peores recunchos da mente do ser humano. A tristura enchoupa as vidas destas personaxes, moitas das cales parecen sentirse incompletas e non sempre conseguen o equilibrio. Ten reflexos da falta popular de hoxe en día que podemos escoitas nas nosas vilas, pois o ambiente é sobre todo urbano, e algunha pequena referencia a tradición galega.

Temos, en definitiva, una gran obra para gozar da frescura, cadencia e beleza da lingua cunha prosa moi musical que roza a poesía. Un libro no que te mergullas desexando ler máis, pero o mesmo tempo non queres que remate. Unha obra que parece xurdir da música e da literatura para facer irmáns as artes.


Xa se sabe, o hábitat natural das escritoras profesionais é o terreo da ficción.


Valoración: Sí, recomendable
Adquire aquí Bonus Track.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s