• Título: Lapis na noite
  • Autor: Ramón Nicolás
  • Idioma: galego
  • Xénero: novela histórica
  • Editorial: Xerais
  • Fecha de su publicación: 2018
  • Número de páxinas: 192

Aquilo foi o terror, irmán, como nunca pensaría que poderíamos vivir.

Cando vin una reseña desta novela no espazo Lecturafilia, que dirixe Tensi Gesteira, chamou de inmediato a miña atención por tratar uns feitos históricos que coñezo mais nos que non teño afondado. Tratase da emigración galega a América Latina tras a Guerra Civil Española, a represión nas ditaduras e o exilio por motivos políticos. Así que o ver que estaba no catálogo da biblioteca a que adoito acudir, collino emprestado de inmediato.

Ramón Nicolás (Vigo, 1966) ademais de escritor é profesor e crítico literario. Escribe para o suplemento «Fugas» do diario La Voz de Galicia e no no espazo Caderno da Crítica. É membro de diversas asociacións literarias e asinou traducións, biografías e ensaios. En 2016 publicou a novela O espello do mundo, tamén con Xerais.

9788491213994
Portada da novela

Esta novela está baseada en feitos reais acontecidos durante a ditadura arxentina de 1976 a 1983. Na chamada «Noite dos lapis», o dezaseis de setembro de 1976 e os días posteriores, estudantes de instituto na Cidade da Prata Arxentina foron raptados, retidos contra a súa vontade e asasinados. Estes sucesos inspiraron tamén outras obras de ficción, entre elas una película chamada La noche de los lápices(1986).

Este era o deseño do país en que querían que vivisemos, coa cabeza baixa, os ollos pechados, as orellas tapadas.

Parte da acción situase tamén no presente, pois narramos a historia en primeira persoa unha profesora e escritora que viaxa a Arxentina para dar una serie de charlas sobre literatura e aproveita para visitar a súa tía Tatiana, viúva de seu tío Ramiro, a quen non coñece máis que polas escasas conversas sobre eles entre seus pais na casa familiar. Tatiana entrégalle unhas notas en forma de carta que Ramiro escribira co fin de facerlle chegar a seu irmán Ramón, o tamén falecido pai da escritora, a súa historia. Pareceume que ademais conta parte da historia un narrador en terceira persoa, que parece diferente da escritora e das memorias e que se vai intercalando para falarnos de Iria, a filla de Ramiro. Así, temos diferentes fíos que se van xuntando como nunha tea e nos ofrecen una visión da historia de Ramiro, pero sobre todo narramos a historia de Iria, a través dun ollar que non é nunca o seu propio.

Iria é unha moza alegre e idealista, preocupada por mellorar o mundo no que vive con ese afán propio da adolescencia e a primeira xuventude. Veremos como é elixida como delegada, como organiza cos seus compañeiros actos de voluntariado é unha serie de protestas para a mellora das condicións do estudantado, entre elas o boleto de transporte. Por eses feitos, Iria verase en problemas.

Batiamos contra un muro de indiferenza, de desprezo e silencio unha e outra vez.

En canto a Ramiro, viuse obrigado a deixar a súa familia en Galicia por motivos que non aclara demasiado, se ven deixa intuír que pertence ou pertenceu a unha organización contraria o réxime franquista. Esta axúdalle a cambiar de identidade, a establecerse nun principio en Bos Aires e a buscar traballo como aprendiz nunha radio. Será na emisora onde coñeza a Tatiana. Pouco a pouco, irá facendo a súa vida en Arxentina, mais sen esquecer nunca o que deixou atrás, os seus pais e a seu irmán.

Poucos máis personaxes hai nesta historia a parte dos xa citados. Temos una novela parca nese sentido, estando os secundarios desdebuxados. Temos, por exemplo, o noivo e os amigos de Iria, a nai e a filla da escritora entre eles, se ben non teñen máis trama que a que os relaciona coas personaxes principais. O protagonismo ademais está bastante repartido, destacando Ramiro (que adoptou o nome de Roberto cando escapou de España) e a súa filla Iria.

Esta é unha desas obras necesarias para recordar, para non esquecer nunca, uns feitos que deberían abrirnos os ollos. Para lembrarnos sempre que os dereitos dos que agora gozamos, como os dereitos fundamentais á vida, á seguridade, á liberdade de movemento e de expresión, aínda deben ser protexidos e non debemos deixar que nolos arrebaten. Un libro necesario para indagar na historia de tantos e tantos galegos que marcharon a América non tanto a buscar fortuna como senón para fuxir dun réxime inxusto. Pero vemos como Ramiro escapa dunha ditadura para acabar vivindo noutra.

Eran tempos nos que ter un libro era perigoso, moi perigoso.

A novela está magnificamente escrita. Marabilloume a beleza da lingua que Ramón Nicolás emprega con tanta mestría. Nun principio costa un pouco meterse na historia, tratase dunha lectura na que se nos da o novelo pero na que o propio lector ten que fiar a tela do narrado a través das súas diversas partes. O resultado, sen lugar a dúbidas, merece moito a pena.

Valoración. Excelente.

Podedes mercar esta novela aquí.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s