·Título: Un home estraño
·Autor: Antonio Tizón
·Género: novela negra, policíaca
·Editorial: Xerais
·Fecha de su publicación: 2018
·Número de páginas: 158
·Enlace de compra
·Valoración: Ben, ben


E rebeláronse os homes

Facéndose as paces

Rebeláronse as mulleres

En tódalas partes

Neste tempo e neste espazo

Toca rebelarse


Descubrín este libro por un artigo no xornal no que se anunciaba a súa presentación nunha biblioteca. Chamou a miña atención por tratar o tema das enfermidades mentais, do trastorno bipolar en concreto. O indagar máis sobre o libro e o seu autor descubrín que forma parte dunha serie de cinco libros centrada nun policía e que este volume era unha especie de precuela. Ten o valor engadido de que os feitos narrados situasen no marco temporal do procedemento de aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia, no ano 1980.

En canto ao seu autor, Antonio Tizón (Aranga, 1960) é un escritor coruñes licenciado en ciencias da información que traballou coma xornalista e profesor. Publicou a primeira parte da pentaloxía en 2015, titulada A antesala luminosa. Ademais, ten un libro de poesía en castelán, Ritmos de juventud (1996) e una antoloxía de relatos, In media Res (1996). Gañou o premio o Concurso Internacional de Novela Curta Cidade de Ribeira coa obra que nos ocupa.


home


O comezar a ler, atopeime cunha narración en primeira persoa coral que ia alternando entre dúas das personaxes principais: un inspector de segunda chamado Xosé Sánchez Pereiro que estuda un caso de asasinato e unha xornalista amiga del que se verá envolta no caso, Ledicia Muruzábal. A vítima é un coñecido arquitecto da cidade da Coruña, Manuel Ferro Filgueira, que traballa no Concello e parece haber intereses políticos no seu asasinato, pois estaba por aprobarse o Plan Urbanístico da cidade sendo el o principal encargado.

Tratase dunha novela negra bastante tópica no seu argumento. Temos un crime, policías, a prensa, xente influinte e con poder económico que pode estar implicada, etc. Sen embargo, houbo algo que desentoaba dende o comezo, cando Ledicia case atropela co seu coche ao home estraño. Este parece ser só un vagabundo que canta e toca a guitarra na rúa, mais será unha peza clave na novela. Encontrarase por azar con Ledicia en varias ocasións e ela verase arrastrada polo magnetismo que desprende o cantautor, que parece vivir no seu mundo.


A prezada paz

Único soño

Do teu corazón

Que felicidade

A dun home só

A soas con deus


O libro pode dividirse en varias partes, a novela en si e un apéndice coas transcricións das cancións do home estraño. Estas letras están o final do libro e escritas en maiúsculas como se as estivesen berrando, o que fai a súa lectura un tanto incómoda. A parte correspondente a narración está divida en capítulos moi breves e de lectura áxil. Iso unido a que se trata dunha novela curta, fixo que a devorase en apenas un par de horas.

As sensacións que imos tendo o ler son sentimentos que non nos gusta experimentar, moita melancolía, rabia e ata derrota. Danos a entender que foi nesta época e neste caso como Sánchez, que era un home idealista, se converteu nun policía corrupto. A imposibilidade de actuar conforme os propios principios e o que cren que é o correcto debido a sociedade inxusta, cruel e machista na que viven é unha constante para estas personaxes.


—Dígame, don Rubén, como se pode chegar tan lonxe, por moito que se traballe?


Creo que é unha novela que pode gustar moito os afeccionados da novela negra máis clásica. Non ten excesivo detalle nin adornos na linguaxe, vai directa o asunto e lese realmente rápido e case sen se decatar porque engancha o lector. Os temas que trata, tanto os políticos e policiais coma os que ateñen a enfermidade mental están correctamente documentados e desenrolados, se ben non afonda demasiado en ningún deles. De este modo, eses temas enxértanse na trama principal de forma moi natural.

En resumo, temos una obra que semella un tanto tópica pero con moitos elementos interesantes coma o momento histórico en que sucede, a ambientación en Galicia, o tema da corrupción, os trastornos mentais, etc. A dualidade no narrador paréceme tamén un elemento destacable e positivo, pois temos que ir xuntando as pezas a través da visión de Xosé e de Ledicia, dúas persoas moi diferentes e cunha personalidade que se nos debuxa coas pinceladas xustas. É un deses libros curtos que semella un retrato dunha época, da sociedade da que procedemos.


Súmate a insubmisión

Multiplica a resistencia

Afina a túa guitarra

E cántalle a liberdade

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s