·Título: A simetría das bestas
·Autor: Alberto Ramos
·Xénero:  intimista, corte filosófico
·Data: maio de 2018
·Editorial: Urco Editora
·Páxinas: 170 páxinas
·Valoración: Imprescindible
·Enlace á compra

capa-promo-300ppp-680x1043


A doenza rubiulle polas pernas. Chegoulle como chega a brisa antes da treboada: co tacto impredicíble sobre a pel.


Alberto Ramos (Santiago, 1986) é licenciado en Xornalismo. Traballou na sección de Cultura de Xornal de Galicia. Na actualidade, dedícase principalmente á comunicación dentro do sector cultural. Como escritor, estreouse con Dor Pantasma (Biblos, 2006) que obtivo o II Premio Biblos-Pazos de Galicia. En 2010 obtivo o Premio de La Voz de Galicia co texto Con acuse de recibo. En 2012, acadou o Premio Vicente Risco de Creación Literaria con Todos os días (Sotelo Blanco, 2012) e en 2014 resultou galardonado co Premio García Barros do Concello da Estrada co título Máscaras rotas para Sebastian Nell (Galaxia, 2014).

A toda esta lista de recoñecementos e premios, sumáselle o da obra que ocupa esta recensión: A Simetría das Bestas, coa que gañou o Premio Vicente Risco de Creación Literaria, publicada por unha das nosas editoriais favoritas en galego, Urco Editoria en 2018.

urco-logo-web2015.png


Caridad Verdet, a protagonista de A simetría das bestas, non foi quen de ler os proídos, a fatiga, a furia dos músculos. Tampouco a dor nas articulacións. Nin sequera a asfixia que a agardaba nos banzos. A doenza terminal que sufre chegoulle como a brisa antes da treboada.

Cando lle descifraron o enigma da súa xenética, non deu en chorar nin rebordou de rabia. Non perdeu o tempo en relearlle á esperanza e evitou afanarse na protesta. Só cavilou sobre as súas forzas e preguntouse se, por baixo da carne, agocharía a vontade precisa para rematar con todo antes de ser presa dos coidados.

A simetría das bestas, obra de corte filosófico que concede un espazo de dignidade á imperfección, á diferenza e á marxinalidade, destaca polo seu simbolismo e bo manexo dos recursos narrativos, así como pola potencia literaria da súa protagonista.


A simetría das bestas é unha destas obras que me vexo na obriga de apuntar nesta casiña que temos aquí. Recomendouma a miña querida amiga Tensi de Lecturafilia, e xa fai moito tempo que non podo ignorar os seus consellos de lectura. Así que moitas grazas por descubrirme esta beleza.

Porque si, é una beleza. Unha marabilla coma poucas hei ter o gusto de ler ao largo da miña vida. Que se di pronto, nunha rapaza coma min que leo cerca de cen libros por ano. Pero éche así, por iso cando rematei a historia de Caridad sentín coma se me houberan arrancado un pedaciño de dentro e o colocaran nalgunha parte. Non sei como, non sei a razón, pero eu atopeime entre as páxinas, entre estas bestas. Será porque eu tamén son escritora coma a protagonista? Será que eu teño medo da enfermidade?


A balea, aterrada polo desasosego que provocara no acuario, deixou de falar para actuar. Creara neles unha besta inimaxinábel: o desexo. E quixo remedialo. Colleu impulso e lanzouse contra o cristal. Esnaquizouno e todos os peixes saíron atropelados pola marea artificial. Aplaudían porque aínda non sabían que o único mar que se lles reservaba era o chan onde haberían de morrer. Pouco a puco, os seus ollos quedaron cegos. E xa non puideron ver a luz da lanterna.

—Caridad, isto é unha hostia para os rapaces

—Máis paus lles dará a vida.


Non o sei. Xa non sei nada. E despois de novelas así pregúntome que é o que sei, que é o que son. E que significa todo. Síntoo, non debería poñerme melodramática cando tento escribir una recensión profesional, pero estou demasiado preto da temática e da esencia deste libro. Como vós podo falar de el? É complicado.

Vouno intentar. Caridad Verdet naceu cun só ollo. Unha pirata forzosa que sempre se enfrontou a vida doutra maneira. Ao mellor por iso se converteu en escritora, aínda que sexa un oficio moi duro, solitario e doloroso. Cando lle diagnostican unha enfermidade o seu mundo coñecido muda de cor, de esencia, de motivos. A súa parella, o seu editor, o seus soños, o seu pasado. Os segredos. Os medos. Sabe que morrerá, e sabe máis ou menos como vai ser. Iso non é doado para ela, tampouco o será para as lectoras de esta historia de cruenta dor.


—E dígolles: «Aínda pode facer moitas cousas. Pero por favor, non escriba. Iso non».


Acompáñaa Fervaq, que arrastra o seu propio inferno dunha familia quebrada por un crime cometido polo seu irmá. Fervaq antes tiña outro nome, pero prefire non recordalo. Como se coñeceron Caridad e Fervaq? E que Fervaq é artista e pinta, e o editor de Caridad os presentou e traballaron xuntas. Logo veu a vida en común. E logo veu a longa despedida da escritora que só ten un ollo.

Non é doado facervos entender o que hai detrás de estas realidades, o que abarca a literatura de Alberto Ramos que estoupa de intelixencia e coñecemento. O autor tamén parece ver a vida cun só ollo, pero un ollo peculiar, intenso, cunha profundidade única. E ese corte filosófico que se nos anuncia está presente en todo. Tamén unha poesía de verdade. E a figura da muller, que se fai notar. Que fai que encontremos neste autor un poderoso espírito feminista do que me sinto moi orgullosa.

En fin, non me entreteño máis. Non sabería como. Pero leédela. Por favor. Necesitádela. É unha marabilla imprescindible.


Sempre caludiquei diante da fraxilidade. Descubrino grazas ao fotógrafo que me sacou as fotos que se recollen neste libro. Cando o coñecín, non tardei en saber de toda a súa vulnerabilidade… El era de cristal… El era de vidro… A verdade, creo que a primera vez que o vin xa lle descubrín unha rotura na superficie, sabes? Unha pequeña, case imperceptíbel, pero que cada día medraba e medraba.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s